viernes, 26 de octubre de 2012

Salto de liña nas entradas dos blogues

Ola!

Non sei se vos fixastes en que na páxina principal do blogue, as entradas longas están cortadas en certo punto e aparece un botón para premer que dí "más información"






E ao premer en "más información" aparece todo o resto da entrada, como agora!


Isto serve para que as entradas non nos ocupen tanto sitio na portada do blogue, e podamos ver máis no mesmo espazo. Desta maneira, temos o blogue máis ordeado, cómodo e agradable á vista.

Como se consegue?

Cando esteades redactando ou editando a vosa entrada, no momento no que querades poñer un salto, só tedes que premer o icono que é un folio cortado á metade; ó lado da claqueta de vídeo.
Aparecerá unha liña de puntos e de cor gris que vos indicará o lugar onde se insertou o salto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario