viernes, 19 de octubre de 2012

Crear e editar un blogue

Aquí vén a primeira parte teórico-práctica... A ver que tal sale o experimento.

Creando un blogue:

Primeiro accedemos a blogger.com e, si non temos conta en google, creámola para ter acceso á ferramenta de creación de blogues.


Accedendo e configurando o noso blogue:


1. Accedemos co nome de usuario e contrasinal.

2. Configurar o formato do blogue: pestana PLANTILLA, onde atoparemos:

  • Fondos: Elixir a imaxe que queremos como fondo.
  • Anchos: Ancho do blogue e das columnas.
  • Deseño do blogue: Número de columnas que queremos incluir.
  • Tipos de letra e cores: Elixiremos o tipo de letra e cor para cada unha das seccións.

3. Pestana DESEÑO. Aquí eliximos os complementos que aparecerán na barra lateral.
  • Gadgets: Podemos poñer reloxos, calendarios, imaxes, enlaces...
  • Información de perfil.
  • Listaxe de entradas e etiquetas.


4. Introducir entradas. Pestana ENTRADA NOVA:
  • Eliximos un título.
  • Escribimos o corpo da entrada.
  • Podemos engadir imaxes, vídeos ou enlaces.
  • Damos formato ao texto.
  • Lembrade que non é preciso seleccionar o tipo de letra porque xa o temos predeterminado.

5. Engadir diferentes páxinas ao blogue. Pestana PÁGINAS:
  • Aquí poderemos engadir outras páxinas para telas enlazadas dunha maneira rápida para os usuarios do blogue.

RECORDADE: Sempre poderemos modificar a apariencia do noso blogue nas pestanas DESEÑO E PLANTILLA.





    No hay comentarios:

    Publicar un comentario