miércoles, 31 de octubre de 2012
Galería de imaxes da web do Cole
Lembrando o que aprendimos na nosa primeira sesión, fago un resumo moi breve da utilización da Galería de Imaxes que vai asociada á web do cole.
Hai que lembrar os apartados importantes:
Acceso: Para acceder á galería, dende a páxina web do cole prememos o botón "Galería".
Categorías: Lembrade que as categorías se crean anualmente, para os cursos académicos. Así, temos a categoría actual que é "CURSO 2012/2013"
Álbumes: Cando queramos subir fotos dun evento novo (por exemplo "Excursión ao zoo") temos que crear o album en primeiro lugar. Para isto prememos no botón Álbumes e aí seleccionamos a categoría e creamos un album novo dentro da categoría "CURSO 2012/2013".
Lembrade poñer os máis recentes ao principio e darlle a "Gardar modificacións".
Añadir fichero: Para subir as fotos prememos no menú que está en azul "Añadir fichero" (NON o botón que di "Añadir fichero (batch)")
Lembrade que os arquivos se engaden de 5 en 5 polo que cómpre ter paciencia. Ademais, despois de subir a foto teremos que asignala ao álbum que creamos previamente. Por isto, o proceso é bastante lento e incómodo. Se alguén sabe unha maneira mellor de subir as fotos, que nolo conte nos comentarios!
Tamaño do arquivo: O tamaño do arquivo que se está a utilizar é 800x600 píxeles. Para cambiar o tamaño das nosas imaxes podemos utilizar varios programas que atoparedes nos ordenadores da sala de mestres (Pix Resizer, Image Resizer) ou outros que coñezades.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario