1. Inserir fotos ou imaxes.
Preme o botón "Nova entrada". Cando a esteas redactando preme no botón no que hai unha fotografía. Aquí elixe se a queres inserir dende o teu equipo, o blogue ou Picasa. Podes editar o tamaño, a aliñación da fotografía e outras propiedades premendo na propia imaxe.
Para inserir vídeos dende o teu equipo ou Youtube, só tes que premer no botón no que hai unha claqueta de cine. Agora busca no teu equipo o vídeo que desexas subir ou no buscador de Youtube que vén incorporado.
3. Inserir presentacións coas túas fotografías.
Unha ferramenta para deseñar presentacións é PhotoPeach, que xa ten un botón para insertalas no blogue (o lapis). Só hai que copiar o código e pegalo premendo a pestana HTML da edición das entradas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario