miércoles, 31 de octubre de 2012

Galería de imaxes da web do Cole


Lembrando o que aprendimos na nosa primeira sesión, fago un resumo moi breve da utilización da Galería de Imaxes que vai asociada á web do cole.

Hai que lembrar os apartados importantes:

Acceso: Para acceder á galería, dende a páxina web do cole prememos o botón "Galería".

viernes, 26 de octubre de 2012

Salto de liña nas entradas dos blogues

Ola!

Non sei se vos fixastes en que na páxina principal do blogue, as entradas longas están cortadas en certo punto e aparece un botón para premer que dí "más información"





Páxina web do cole

Ola de novo!

Nesta entrada quedará recollido o que aprendimos na primeira sesión sobre a Web do Cole. Primeiro de nada, moitas grazas a Rosa pola súa axuda!!!


1. Acceso á páxina

  • Recordade que o navegador recomendado para as páxinas da xunta é o Mozilla Firefox.
  • Prememos o botón "acceso" e introducimos nome de usuario e contrasinal (se non o lembrades, preguntade, que aquí non o vamos poñer, claro!)

lunes, 22 de octubre de 2012

Inserir vídeos e presentacións ao teu blogue

Pódense inserir vídeos, presentacións e fotografías nas entradas do teu blogue seguindo estas instrucións:

1. Inserir fotos ou imaxes.
Preme o botón "Nova entrada". Cando a esteas redactando preme no botón no que hai unha fotografía. Aquí elixe se a queres inserir dende o teu equipo, o blogue ou Picasa. Podes editar o tamaño, a aliñación da fotografía e outras propiedades premendo na propia imaxe.


2. Inserir vídeos.

viernes, 19 de octubre de 2012

Crear e editar un blogue

Aquí vén a primeira parte teórico-práctica... A ver que tal sale o experimento.

Creando un blogue:

Primeiro accedemos a blogger.com e, si non temos conta en google, creámola para ter acceso á ferramenta de creación de blogues.


Accedendo e configurando o noso blogue:

Benvidas/os ao blogue do Grupo de Traballo TIC

Inauguramos o Grupo de Traballo TIC e, con el, este blogue no que iremos deixando información importante dos contidos que se vaian traballando ao longo das sesións.

Anímovos a que participedes con comentarios, entradas, complementos... Todo está permitido; cambiar o deseño do blogue, poñer enlaces aos vosos blogues e traballos... O importante é participar.

Un saudiño!