miércoles, 5 de diciembre de 2012

Próxima sesión do Grupo de Traballo

Ola de novo!

Na próxima sesión, que será o vindeiro luns, 10 de Decembro, traballaremos un pouco as dúbidas que teñamos, xa que a primeira sesión de LIM deu para bastante.

Polo tanto: non vos esquezades de anotar todas as dúbidas que teñades para ver si entre todas/o as podemos solucionar.

Tamén se traballarán algunhas cousiñas que quedaron soltas dos días anteriores:

- Un par de detalles de LIM
- Ferramentas web de SMART
- Aula Virtual
- Complementos de google (picasa e google drive)
- Descarga de vídeos da rede: complemento Downloadhelper para Firefox.
- Os vídeos de Youtube, cómo enlazalos sen que aparezan suxerencias ao final da reproducción
(isto aprendino grazas a Tania, cómo me gusta este Grupo de Traballo tan colaborativo)