martes, 20 de noviembre de 2012

Axuda Smart Notebook

Recordade que no programa Smart Notebook tedes un menú de axuda no que poderedes obter información sobre todos os contidos que estivemos traballando.

Na pestana "Ayuda" facemos clic en "Índice" e ábrese unha páxina de Internet con todos os temas de axuda. Como en todos os materiais, se queredes acceder a un contido en concreto utilizade a Barra de Busca.

¡¡Ánimo con esas actividades!!

viernes, 16 de noviembre de 2012

Photobucket.com

Trasteando un pouco pola rede, recordei unha páxina que serve para facer presentacións de fotografías.
A diferencia principal con Photopeach é que permite insertar transicións personalizadas para as fotos.

martes, 13 de noviembre de 2012

Smart Notebook

Seguimos avanzando no noso Grupo de Traballo coa primeira sesión sobre a Pizarra Dixital e o seu software.

Aquí vos quedan as notas do que se traballou nesta sesión. Recordade, non é un tutorial, é un guión para que recordedes o traballo que fixemos e por si tedes algunha dúbida.

martes, 6 de noviembre de 2012

Base de datos dos contos clásicos

Xa está dispoñible a pestana para que recollades os enlaces de interese que vimos na segunda sesión do Grupo de Traballo.

Tedes que ir a "Páxinas", e donde pon "Contos Clásicos. Enlaces", premer "Editar" e engadir os vosos contidos.

Ánimo a todas e todos, participade coas vosas aportacións!! Un saudiño!!