Lembrade traer os CDs para seguir traballando e practicando.
Recordamos aquí os contidos que traballamos:
- Audacity: Edición e gravación de sons. Practicamos gravando voz sobre un fondo musical, cortando, copiando, pegando e movendo fragmentos e aplicando diferentes efectos de son (cambiar o ton, a velocidade, poñer eco...)
- Windows Movie Maker: Edición e creación de vídeos. Practicamos facendo presentacións coas nosas fotos e engadindo efectos nas imaxes e de transición, títulos...
- Edición de imaxes: Temos dous programas para editar imaxes e aplicarlles filtros e tamén para facer puzzles.
Tamén quedan os enlaces que enviou Manuel por correo electrónico:
Contos en ivoox: http://www.ivoox.com/podcast-cuentacuentos_sq_f17899_1.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario