lunes, 21 de enero de 2013

Sesión de docencia II

A segunda sesión de docencia deu para moito. Descubrimos un montón de sitios web aos que lle sacar moito partido.

Comezamos con Symbaloo.com, unha páxina para recoller os marcadores que nos parezan interesantes.

Como a facer cousas apréndese facendo aquí vos deixo un enlace a un webmix que contén todas as páxinas que traballamos na sesión.


Aí atoparedes todas as páxinas:
  • Zooburst: para crear contos e historias en 3D e realidade aumentada.
  • Jigsawplanet: crear e compartir crebacabezas nun momentiño.
  • Calameo, Isuu e Scribd: para publicar e compartir documentos.
  • SlideBoom: comparte presentacións tipo power point conservando son, transicións...
  • Video2mp3: extrae a música dos vídeos de Youtube a un arquivo mp3.
  • Glogster: creación de carteles e murais dixitais.
  • ESLvideo: para subir vídeos e engadirlles un cuestionario sobre o que se ve no vídeo.

E para que non todo sexa traballar, aquí vos queda un crebacabezas feito en Jigsawplanet. Animádevos a facer as vosas probas e a deixar aquí os enlaces. En un ratiño está feito.



Presentación de actividades

Lembrade que o plazo final para presentar as actividades elaboradas será o seguinte:

SEMANA DO 4 AO 10 DE MARZO

Calquera dúbida que se vos presente podédela consultar a través do blogue ou no cole, os martes pola tarde ou en calquera momento que cadremos.
Animádevos e non desesperedes se as cousas non salen á primeira.



miércoles, 16 de enero de 2013

Sesión de docencia.

O luns tivemos a nosa primeira sesión de docencia externa con Manuel Fernández Álvarez, que foi un exitazo. O próximo luns, 21 teremos a seguinte.
Lembrade traer os CDs para seguir traballando e practicando.

Recordamos aquí os contidos que traballamos:
- Audacity: Edición e gravación de sons. Practicamos gravando voz sobre un fondo musical, cortando, copiando, pegando e movendo fragmentos e aplicando diferentes efectos de son (cambiar o ton, a velocidade, poñer eco...)

- Windows Movie Maker: Edición e creación de vídeos. Practicamos facendo presentacións coas nosas fotos e engadindo efectos nas imaxes e de transición, títulos...

- Edición de imaxes: Temos dous programas para editar imaxes e aplicarlles filtros e tamén para facer puzzles.

Tamén quedan os enlaces que enviou Manuel por correo electrónico: