jueves, 28 de febrero de 2013

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Me gustaria que os nenos coñeceran este conto porque é entrañable, e fala da diferencia, da valentía e do amor.
Un biquiño



A RATIÑA PRESUMIDA

Loli de 2º, queria traballar este conto cos seus alumnos. Por iso pensei que lle seria util ofrecerllo.


O FLAUTISTA DE HAMELIN

Este conto traballeino porque o elexiu a profe de 1º , ainda que as preguntas son moi dificiles, para ciclos superiores. Son preguntas de reflexionar , e teñen vocabulario máis dificil.

O PRINCIPE FELIZ

Este conto encantoume de pequena. Tiven o problema de que esta versión é un pouco relixiosa, pero aínda asi, e fiel ao conto orixinal.
Adicado ao meu querido principe:


O PATITO FEO

CON ESTE CONTO SE APRENDEN TANTAS COUSAS, ERA IMPRESCINDIBLE INCLUILO NOS NOSOS CONTOS CLÁSICOS. S
SOBRE TODO NO NOSO COLE QUE HAI NENOS TAN DIFERENTES.........
DEDICADO AO MEU QUERIDO ANXO, que lle encanta





A PEQUENA VENDEDORA DE MISTOS



- See more at: http://www.eslvideo.com/esl_video_quiz_beginning.php?id=15128#sthash.PuscIUoI.dpuf

martes, 26 de febrero de 2013

As nosas actividades

Ola a todos!

Como vedes, no blogue hai unha nova pestana: ACTIVIDADES.

Nesta pestana estarán publicados os enlaces a todas as actividades que vaiades entregando.

Lembrade que, cando traballedes as actividades co alumnado, deberedes sacar fotos para incluílas na memoria.

lunes, 4 de febrero de 2013

Embeber vídeos de ESL

En primeiro lugar: Noraboa, Adelaida, polo teu traballo! E por poñer as dúbidas no blog!

Xa descubrín como embeber o vídeo: mismo desde o enlace que puxeches na túa entrada, facemos clic e baixamos un pouco. Abaixo á dereita xa vemos o código HTML para embeber (EMBED)

Xa vedes que queda sin publicidade. O problema é que ao ser unha páxina en inglés, todas as palabras con acento gráfico ou con Ñ quedan mal escritas.
Un saudiño!

sábado, 2 de febrero de 2013

OS MÚSICOS DE BREMEN

http://www.eslvideo.com/esl_video_quiz.php?id=14839

Hola , he hecho este ejercicio pero no encuentro el codigo HTML para insertarlo en el blog o web,....
A ver si es posible embeber para que sólo salga el cuento y las preguntas.Si pudieras hacer una captura de pantalla y ponerme una flecha donde se copia el código, te lo agradecería muchísimo.

Gracias Yoli

Un saludo
Adelaida

lunes, 21 de enero de 2013

Sesión de docencia II

A segunda sesión de docencia deu para moito. Descubrimos un montón de sitios web aos que lle sacar moito partido.

Comezamos con Symbaloo.com, unha páxina para recoller os marcadores que nos parezan interesantes.

Como a facer cousas apréndese facendo aquí vos deixo un enlace a un webmix que contén todas as páxinas que traballamos na sesión.


Aí atoparedes todas as páxinas:
  • Zooburst: para crear contos e historias en 3D e realidade aumentada.
  • Jigsawplanet: crear e compartir crebacabezas nun momentiño.
  • Calameo, Isuu e Scribd: para publicar e compartir documentos.
  • SlideBoom: comparte presentacións tipo power point conservando son, transicións...
  • Video2mp3: extrae a música dos vídeos de Youtube a un arquivo mp3.
  • Glogster: creación de carteles e murais dixitais.
  • ESLvideo: para subir vídeos e engadirlles un cuestionario sobre o que se ve no vídeo.

E para que non todo sexa traballar, aquí vos queda un crebacabezas feito en Jigsawplanet. Animádevos a facer as vosas probas e a deixar aquí os enlaces. En un ratiño está feito.



Presentación de actividades

Lembrade que o plazo final para presentar as actividades elaboradas será o seguinte:

SEMANA DO 4 AO 10 DE MARZO

Calquera dúbida que se vos presente podédela consultar a través do blogue ou no cole, os martes pola tarde ou en calquera momento que cadremos.
Animádevos e non desesperedes se as cousas non salen á primeira.



miércoles, 16 de enero de 2013

Sesión de docencia.

O luns tivemos a nosa primeira sesión de docencia externa con Manuel Fernández Álvarez, que foi un exitazo. O próximo luns, 21 teremos a seguinte.
Lembrade traer os CDs para seguir traballando e practicando.

Recordamos aquí os contidos que traballamos:
- Audacity: Edición e gravación de sons. Practicamos gravando voz sobre un fondo musical, cortando, copiando, pegando e movendo fragmentos e aplicando diferentes efectos de son (cambiar o ton, a velocidade, poñer eco...)

- Windows Movie Maker: Edición e creación de vídeos. Practicamos facendo presentacións coas nosas fotos e engadindo efectos nas imaxes e de transición, títulos...

- Edición de imaxes: Temos dous programas para editar imaxes e aplicarlles filtros e tamén para facer puzzles.

Tamén quedan os enlaces que enviou Manuel por correo electrónico: